En Restaurante O Voso Lar preocúpanos moito a calidade dos nosos pratos. É por iso que a través da páxina web só se pode enviar a enderezos cercanos ou dentro do barrio de Bouzas(Vigo).

As compras están suxeitas ao pago dos correspondentes gastos de envío por conta do comprador. Os gastos de envío dependerán do volumen de compra,podendo chegar a ser gratuitos por riba dun limite establecido. En calquera caso, os custos reais de envío serán detallados ao longo do proceso de compra e o comprador terá a posibilidade de revisar estes custos antes de finalizar a súa compra.

O Usuario poderá indicar o momento "preferido" de entrega do pedido e o Restaurante fará o posible por cumprir esa preferencia. Non obstante, a propia natureza do servizo  fai imposible garantir exactamente o tempo de entrega, sendo posible unha variación de máis ou menos 30 minutos nesa hora. Ademais é posible que neste período non se poidan solucionar problemas loxísticos, nese caso, o restaurante avisará ao usuario por telefono ou correo electronico e o importe íntegro pagado polo usuario será devolto nun prazo de 7 días, sen que iso xere compensación.

Os produtos adquiridos serán entregados á persoa e ao enderezo indicado na orde. O Restaurante non asumirá ningunha responsabilidade cando a entrega do produto non teña lugar como consecuencia da inexactitude ou falsedade dos datos facilitados polo Usuario para este propósito, así como no caso de que a entrega non poida realizarse por outros motivos. como a ausencia do destinatario no momento da entrega.

Considérase que se entrega unha orde no momento en que entrega o paquete ou paquetes ao cliente. É responsabilidade do cliente verificar o estado da mercadoría ao recibir e indicar todas as anomalías tal e como se define na Política de devolución